martes, 23 de abril de 2013

Poesía "GALICIA"

Hoxe é o DÍA DO LIBRO. Disfruta desta bella poesía
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos
a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Manuel María "Os Soños da Gaiola"