NON TE ESQUEZAS.
Empezamos xa o terceiro trimestre. A volta das vacacións faremos o control do tema 12 e 13 de coñecemento o venres 5. Procura ir estudando día a día.
A continuación tes algunhas preguntas que te poden servir de guía.
REPASO T.12, T.13
1. Que é unha localidade? pax 145
2. Elementos das localidades coas súas
definicións. pag 144.
3. Quen forma o mobiliario urbano? pax 144
4. Tipos de localidades pax 146,147
5. Que son as cidades? pax 146,147
6. Características das cidades pax 146
7. Cales son as tres zonas ou áreas que se
distingue nunha cidade? pax 146
8. Que son as aldeas e as súas características?
pax 147
9. Que é a poboación dunha localidade? pax
149
10. Segundo no tipo de localidade onde vivan
as persoas, en que dous grandes grupos a podemos clasificar? Explícaas pax 148
11. Como clasificamos a poboación segundo se
as persoas poden ou non traballar? Explícaas pax 148
12. Principais características da poboación de
Galicia pax 149
13. Quen forma ou se encarga do concello dunha
localidade? pax 156,157
14. Que son os plenos municipais? pax 156
15. Para que serven as eleccións municipais e
cal é o seu proceso? pax 156
16. Cales son as principais funcións do
concello? pax 157
17. Quen forma un municipio? pax 157
18. Cales son os principais servizos
municipais que nos ofrecen os concellos? Explícaos pax 158.
19. Que son os impostos municipais? pax 159
20. Cales son os municipios con maior tamaño,
con máis número de habitantes e con máis número de localidades pax 160.
21. Que son as mancomunidades? pax 160
22. Que son as tradicións? pax 161
23. Que son os monumentos? Cales destacan en
Galicia pax 161.
24. Dentro da organización do tráfico na
localidade, Cales son as responsabilidades do Concello e cales dos cidadáns pax
162,163
25. A que se denomina educación viaria? pax
163
IMPORTANTE: Este venres non hai clase é FESTIVO "DÍA DOS DOLORES".Regresaremos das vacacións de semana santa o martes 5 de marzo.